1/25/2011

Graciñas, compañeiros!

Creo que vos estades pasando. Xa parecedes de primeira división! En vez de tanta foto a ver si vos dedicades a gañar algún partido que xa é hora.
Pichilán: eres un vago! Íbasme mandar a crónica e aínda estou esperando; e Marcos tampouco debe de animarse...

1/18/2011

4ª Andaina Bisbarra do Sar

Ainda que eu dubido que poida participar este ano, ahí deixo información da andaina deste ano.

4ª ANDAINA BISBARRA DO SAR. 50 KM. 9 DE ABRIL 2011

CONCELLOS DE DODRO, PADRON ROIS E COLECTIVO REMONTE

Características do percorrido.

Percorrido de 50 quilómetros, que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado (pouquiño).

Ó tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

A saída será as 9:00 en punto da maña.

Como facer a proba.

Este ano a organización posibilita facer o percorrido de 2 modos:

Sen  retencións nos controis.  Debe facerse nun máximo de 6:30  horas

Con retencións nos controis ( camiñando).Entre 8 e 12 horas

* No modo “sen retencións” haberá un tope de 125 prazas, sendo as 375 restantes para os inscritos en “camiñando”. A organización, en caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

* Só os participantes que completen o percorrido camiñando terán dereito o diploma acreditativo para a “Copa Galega de Andainas 2011”.

* Serán descalificadas/os  quen corra ou trote na modalidade camiñando.

* Os participantes da modalidade “sin retencions” terán uns tempos máximos de paso (Km: 21: tope 2:45 horas e Km. 40: tope 5:15 horas). De non cumplilos,  serán  pasados pola organización a modalidade  camiñando.

* Os que completen a proba en esta modalidade no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.

* Os participantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de Km feitos segundo os controis ou etapas completadas.

Mais información: http://www.andainabisbarradosar.com/

1/14/2011

Partido do Sábado 15

Xogamos con Recambios Arturo. A pesar das baixas debemos gañar para tranquilizarnos que fainos boa falta. O partido será as 16:15 en Pazos hora galega. Si non podo ir estareivos empuxando donde esté nese momento.Veña, a por eles.

1/12/2011

ROSALIA 1 - MIRADOR DE PADIN 2

Bueno, aquí estou xa operado do desgraciado suceso do Sábado. A cabeza non ma tocaron, pois sei que non hai remedio e era mellor deixala asi para non correr riscos para a sociedade.
Para quen non o sepa o desgraciado suceso foi que menda rompeu o peroné logo dunha entrada dun contrario, e en principio a cousa non foi nada en comparación co que puido ser, xa que foi unha sorte según o doutor que non rompese a tibia e os ligamentos do tobillo. O parte médico:
Fractura suprasindesmal de peroné e luxación tibioastragalina, que en idioma do pobo ven a ser peroné roto e cabesa da tibia en Pontevedra e tobillo en Mondoñedo. Decir tamén que a entrada foi unha como outras no fútebol, que ten estas cousas, e que en ningún momento apreciei mala intención no compañeiro que tivo a mala sorte de que me pasase isto con el, son cousas que pasan e puidolle pasar a calquera dos que alí xogabamos, así que decirlle que este tranquilo, o futebol e así e o que non lle guste que quede na casa. A operación saiu moi ben según o doutor, colocoume unha placa con seis tornillos que si quero voltar a xogar debo sacala, xa que esta moi preto da pel, pero a placa si non me impide para outras cousas quedará ahí e o fútebol pasará a mellor vida para min, disfruteino moitos anos e agora vereino dende a barreira. Si teño sorte e todo vai ben, en dous meses e medio poderei voltar o traballo, que eso si que e o peor disto, aínda que non vale a pena comerme a cabeza.
Vamos pois co partido:
Partido moi intenso fisicamente entre dous bos equipos, disputandose cada balón con intensidade. Non vin ou non recordo ocasións claras, pero nunha falta o borde da area colocamos na barreira os primos de David o Gnomo e claro, gol cun disparo pegado o pau. Así fomos o descanso.
Na segunda metade igual de intenso o partido, e nunha gran xogada de Minchas, entra por banda esquerda e define perfectamente firmando o empate. Creíamos na remontada e estabamos subinbo ben por bandas, pero nunha xogada que igual pecamos de indolentes entra un tipo deles dende o medio campo, e en lugar de facerlle unha faltiña, chega o borde da area e axusta o pau esquerdo de Mariño que nada puido facer. Estaba moi difícil pero insistíamos, e froito desta insistencia subo por banda, Ramón ou Lucas meteme un balón que lle adianto o seu lateral que chega tarde e trabame no avance provocando que caese encima do meu nocello eu mismo e convertindo o pé nunha escultura abstracta. Aquí rematou o partido e empezarón as penas.
Agradecer o trato dos xogadores contrarios que colaboraron e axudaron en todo momento, en especial o seu xogador que e fisioterapeuta que me axudou en todo momento, (cando lle deixaron), pois no primeiro momento houbo momentos de gran tensión e nerviosismo e producironse malentendidos pola situación dificil para todos. Xa no momento do ingreso apareceu o pouco tempo un xogador deles preocupandose por min, moitas grazas, de verdade. Dos compañeiros que decir, somos amijos e demostranno día a día.Co blogue, non sei que pasará, esto do balón acabase para min e tenterei ir a ver os partidos, pero non creo que poida ir a todos, a ver que pasa. O Sábado temos que gañar e pasar folla, que a vida sigue, e quen poida que siga disfutando de este deporte, que e o mais maravilloso do mundo.

1/03/2011

PEDASO DE TELE PARA A ESTRADA

Si o ano pasado o televisor que sorteamos quedou en Padrón, este ano foi cara A Estrada. O agraciado foi Santi Mariño, camionero que fai unha ruta de residuos radiactivos cara Alemaña unha ves a semana, pero que non ten mal ninjún. Como sei que no camión non ten 220 V., disque vai colocar a tele na sala da casa por motivos de loxística enerxética. Na foto podese ver como Couselo, de Sesures e donde ten a tenda, lle fai entrega do premio un Sábado calquera pola mañá antes de tomar as cañas. Como se ve, non ten medo de resibir radiasións, xa que Mariño lle dixo que tiña a cabina do camión aillada cunha capa de 30 ctms. de amianto, aínda que puido coller outra cousa...
Aproveitamos dende aquí para felicitar o gañador.


Aproveito para decir que o Sábado temos que gañar para abrir unha brecha importante cos equipos de abaixo e situarnos ben para a disputa da copa. Xogamos co Mirador de Padín, equipo do Barbansa, e eso significa que non se van rendir fasilmente, so por ser de alí. O partido será as 16:15 hs. en Pazos e si seguimos coa actitude dos últimos partidos van a ter dificil batirnos. Esperemos que a navidade non nos destrosara, aínda que foi a por nos... Pois eso, vemonos o Sábado.