9/27/2011

RIBADAVIA - ROSALIA FV

O proximo partido enfrentamos co Restaurante Ribadavia, equipo que coma sempre, ten moi bos xogadores e que nos vai crear moitas dificultades tamén nas xogadas de estratexia. O partido vai ser en Airiños as 16:30 da tarde.

O ROOMEL LEVOUSE O DERBI DA XORNADA

Bos dias.
A partir de agora, e como Xose non xoga no equipo pola lesión que tivo a pasada temporada, voume ocupar eu de actualizar o blog do Rosalia FV. Eu son Carlos Rodriguez, mais conocido no mundo do futbol veterano como Coco, e intentarei, ainda que vai ser moi dificil, o menos igualar a calidade periodistica que tiña o meu antecesor na redacción do blog.
Xa levamos 2 partidos de liga de veteranos (o primeiro non pudin acudir por motivos persoais e gañamos 0-2 o Don Budi en Bertamirans, con goles de Lino e Toño, polo que o non estar presente non vou a profundizar moito mais neses partido)
O segundo partido foi o celebrado o sabado pasado, dia 14 de setembro entre o Rosalia FV e o Roomel de Dodro, no campo da Baiuca en Pazos.
Derbi por todo o alto, entre 2 equipos que nos coñecemos moi ben xa todos somos da comarca. O partido empezou con dominio alterno e sin moitas oportunidades de gol, ainda que eles reclamaron un penalty que pudo ser, pero que Neno xogador do Roomel, esaxerou un pouco a caida, e o arbitro interpretou que se había tirado con antelación. O mellor chegou nos ultimos 5 minutos da primeira parte. O arbitro sen darse conta pitou o final da 1ª parte con 4 minutos de antelación (no minuto 41) e ante as protestas dos 2 equipos reaundouse o partido donde se viron 2 goles (un por parte de cada equipo). Adiantouse o Roomel mediante un centro dende o centro campo de Bibi, que a nosa defensa non chega a despexar e o dianteiro do Roomel remata a pracer de cabeza no punto de penalty, adiantando o Roomel no marcador. Non habia pasado un minuto, cando un servidor, adentrome pola banda izquierda e vexo a Minchas desmarcado no punto de penalty, intento facer un centro, pero entre que me saiu un poco fuerte e o vento que me axudou un pouco, sorprendin a Hugo, porteiro do Roomel, colando o balon pola escadra do segundo pau, facendo o empate no marcador e chegando o final da primera parte.
A segunda parte foi moito mais trepidante xa que se viron ata 6 goles mais. Volveuse a adiantar o Roomel no marcador, cando un centro lateral dende o medio do campo, o noso porteiro Mariño intenta despexar o balón, e o non chegar caelle o noso central Antonio, que sin querer introduce o balon na nosa porteria. Pouco tempo despois, unha perdida nosa no centro do campo, acaba cun roubo de balon por parte de Cañon, que tira dende o borde da area e o rechace do noso porteiro, recolleo un xogador deles para poñer en ventaxa o Roomel con 2 goles (1-3). Non nos viñemos abaixo, e cun xogo mais vertical e entrando polas bandas, remontamos o partido con goles de Toño e dun xogador deles en propia meta, tras unha gran xogada colectiva que acabou cun centro dende a banda de Minchas. Con 3-3 no marcador, parecia que a nosa inercia levarianos polo menos a empatar o partido, pero outra vez unha xogada a balon parado (5 dos 6 goles do Roomel foron en xogadas a balon parado) e despois dun saque de esquina, o xogador do 1º pau, non logra despexar, o balon pasa polo medio de todos na area, e caelle a Juan que sin querer introduce o balon na nosa porteria (sendo o segundo gol e propia meta). E xa finalizando o partido outro saque de esquina, volve a fallar o xogador do 1º pau, e remata a pracer Moares, central do Roomel que se había incorporado o ataque.
Como vedes perdemos o partido por no saber defender ben as xogadas a balón parado e ademais por meter 2 goles en propia meta. Esperemos mellorar a defensa desta xogadas que son moi importantes hoxe en dia no mundo do futbol.