11/02/2011

MADERAS RAMOS (4) - ROSALIA FV (2)

E facil de explicar esta derrota, na primeira parte 3 saques de esquina a favor de Maderas Ramos, 3 goles en contra. Ainda que somos un equipo non de moita estatura, hai formas de intentar que non rematen sin oposición, e nos non fomos capaces nin de inquietarlles nin siquera un pouco nos saques de esquina. Ainda asi, quizas fora un dos mellores partido que xogamos ata agora, sobre todo pola seriedad que lle puxemos, e ademais tivemos oportunidade de facerlle mais daño, sobre todo nunha ocasión na que Minchas se quedou so diante do porteiro deles, (perdiamos 1-0) e non soubo definir e co gol postreiro de Lucas (quedouse so diante do porteiro e coloulla por alto), fomonos o descanso perdendo 3-1 pero ca esperanza de poder remontar.
Empezou a segunda parte e eles xogaron mais a collernos a contra o esperar un fallo noso no medio campo (puderon meternos mais goles a contra pero supemos contemporizar bastante ben os seus contragolpes). Mediada a segunda parte, unha xogada por banda, entre Minchas e Lucas, deixan en inmellorable posición a Lino, que non perdoa, poñendo o marcador 3-2, pero nunha perdida no medio do campo, danlle pase en profundidad a Manu, que bate por baixo a Mariño.
Despois disto, pudemonos acercar no marcador, cun balón que Alex tirou o largueiro e que botou dentro (veuno toda a grada e incluso o entrenador rival, pero o arbitro non quixo dalo) e con 2 disparos de Minchas e Alex que parou ben o porteiro.
Pero o peor deste partido non foi o resultado senon que quedamos con 9 xogadores (eles tamén) por unha pelea entre Antonio e Juan, con Boquete e Manu (si ben en certo, Manu ainda que na primeira parte tivera unha engancha con Michas, neste caso estaba intentando separar e o velo o arbitro no medio, tamen o expulsou), que caseque acaba como o rosario da Aurora e que chegou incluso ata dentro dos vestiarios. Posible forte sanción a ambos xogadores, e imos quedar sin centrais para alguns partidos, ainda que parece que o proximo partido, que será o Sabado 5 de Novembro as 16:15 contra Recambios Arturo en Pazos, xa imos poder contar con Pichilan que esta recuperado da sua rotura muscular.

10/25/2011

MADERAS RAMOS - ROSALIA FV

O proximo sabado dia 29 de Octubre desplazamonos a Calo a xogar contra Maderas Ramos. O partido disputarase as 16:30 horas, se non hai cambio de horario, xa que en Calo se disputan moitos partidos e pode haber algunha variación que sería comunicada con tempo.

ROSALIA FV (1) - HNOS COUTO (3)

Partido disputado o Venres as 21:30 horas no campo da Baiuca de Pazos, que ten un alumbrado que permite xogar caseque como se fora de día. Outra vez presentamonos poucos a xogar, neste caso eramos 12 (ainda bueno que tiñamos un cambio) contra un equipo que se reforzou moi ben e que ten nas bandas a dous xogadores moi rapidos e tecnicos (oscar e cutrin) e de media punta a un xogador que marca as diferencias (martin). Ainda así adiantamonos no marcador cun gol de penalty por agarron a Minchas dentro da area cando iba cara a portería, que el mismo transforma no 1-0. Despois de moito reclamar Hnos Couto penaltys dentro da nosa area, o final o colexiado sinalou un por mans dentro da area. Pero o mais simpatico chegou despois, lanza o penalty Cutrin que o falla dando no poste, e incompresiblemente o colexiado manda repetir por que seique un de nos entrou na area antes de tempo (eu creo que entramos todos dos 2 equipos , pero e a primeira vez que en veteranos vexo que mandan repetir un penalty por seguir a regla o pe da letra); lanza outra vez Cutrin e ahora si convirte o gol (1-1). Si seguiramos a regla este tamen se debería haber repetido porque entraron xogadores do equipo rival antes de tiralo, pero isto non nos leva a ningunha parte.
Entramos na segunda parte ben colocado no campo, sin que nos crearan moitas ocasións de gol, ainda que e certo que nos tampouco creamos moitas, pero nunha perdida de balón no medio campo, colleunos a defensa descolocada, e un pase en profundidade a Oscar, que convirteu o 1-2. Despois tivemos unha clara oportunidad por parte de Lucas, que se quedou en boa posición para marcar, pero enviou o balón por riba do travesaño e depois nun saque de esquina, o balón vai o segundo pau e Juan intenta devolver o centro a área e o balón peta nas mans dun defensa do Hnos Couto, pero o arbitro desentendeuse da xogada e non quixo pitar, nada. Asi faltando pouco tempo, una indecisión entre o porteiro e a defensa, Martin roubonos o balón, e colocou unha baselina por riba de Mariño, poñendo o definitivo 1-3 no marcador.
Como sempre volvemos a ter o incoveniente dos cambios xa que o ser 12 xogadores so tiñamos un, e ainda por riba Lisi, lesiounose nun nocello mediada a segunda parte, e xa non puido volver entrar. Tamén notamos moito a falta do noso goleador Lino, que estaba nunhas merecidas vacacións e non poido disputar o partido. Esperamos que veña coas pilar cargadas para xogar o proximo sabado en Calo, contra Maderas Ramos.

10/20/2011

ROSALIA FV - HNOS COUTO

O partido entre o Rosalia FV e o Hnos Couto adiantase a o Venres 21 de Octubre as 21:30 horas no Campo da Baiuca en Pazos.

10/16/2011

ALMACENES CANCELA TORDOIA (1) - ROSALIA FV (6)

Visto o resultado todo o mundo podería pensar que foi un partido facil para nos, pero salvo na segunda parte que xa tiñamos controlado o partido non foi tan doado como parece.
Outra vez nos presentamos a xogar solo 11 compañeiros, pero iso si demolo todo no terreo de xogo, intentando dosificar as forzas para poder aguantar. Empezou o partido e os 30 segundos, coma sempre o noso dianteiro Lino, foise por velocidade do defensa e vate por baixo o porteiro. Ese gol deunos bastante tranquilidade, e noutra xogada cun balon e profundidade outra vez Lino vateu o porteiro por baixo. Eles viñeronse arriba e disputaron de varias ocasións (nesta primeira parte enviaron ata 3 balons os paus da porteria) pero noutra rapida xogada, Marcos asisteu a Pichi para que vatera por baixo o porteiro (por certo Pichi lesionouse no aductor na primeira parte e xogou todo o partido case andando, pero como non tiñamos cambios tivo que seguir). Eles recortaron distanciascun forte disparo do seu mellor home, o número 8 que nos creou batante problemas entre lineas, que se colou case pola escadra do Mariño. Con 1-3 e con eles acosandonos outra vez Lino foise por velocidade e colocou o 4º gol (terceiro no seu casilleiro). Así fomos o descanso cunha ventaxa de 1-4 no marcador.
A segunda parte non tubo moita historia, nos intentando controlar o partido e eles que foron perdendo fuelle a medida que pasaban os minutos e asi Lino aproveitou para meter outros dous goles, un cun pase en profundidade batendo por baixo o porteiro, e o ultimo, cun balón que cambia de orientación a banda donde recolleuno Alejandro, que centrou o segundo pau e Lino rematou a pracer de cabeza.
Colocamonos así con 9 puntos e cun partido menos pero co handicap de que volvemos a ir xogar solo 11 homes. Isto non pode seguir asi por que xa non estamos fisicamente para florituras e quedan moitos partidos por disputar. Temos que mirar de polo menos ter 3 ou 4 cambios por partido pero iso habera que falalo de portas para dentro. O importante e que volvemos a gañar e que este ano temos algo que nos faltaba estos ultimos anos e polo que sufrimos o final de liga; este ano temos moito gol e ese home gol chamase Lino. Esperemos que siga así por moito tempo.
Un saudo.

10/14/2011

ALMACENES CANCELA TORDOIA - ROSALIA FV

Mañan sabado dia 15 de octubre, desplazamonos a Tordoia para xogar co Almacenes Cancela, equipo rescien ascendido pero que o parecer ten moi bos xogadores. O partido é as 16:30 horas, horario oficial, a ver si podemos estar polo menos 30 minutos antes no campo e a ver si esta vez somos mais de 11 xogadores para poder ter cambios e poder afrontar mellor o partido.

10/10/2011

ROSALIA FV (4) - CUNTIS VETERANOS (3)

Mais ben deberíamos decir Lino (4) - Cuntis Veteranos (3), por que foi o noso delantero Lino o xogador destacado do partido metendo os catro goles que nos deron o triunfo diante dun bo equipo como o Cuntis. Empezou o partido con claro dominio noso con claras chegadas a porteria contraria, duas delas protagonizadas por un servidor, Coco, que nun mal saque do porteiro e nun pase de Lino, presenteime duas veces diante da porteria o borde da area, ainda que un pouco escorado a banda, e as duas veces lancei o balón por riba da porteria (notase que son lateral e non centrocampista, xa que as baixas fixeron que so nos presentaramos 11 xogadores e tiven que xogar no medio campo escorado a dereita). Asi nun saque de banda collemos despistada a sua defensa, e Lino por velocidade presentouse diante do porteiro e bateuno por baixo. Pouco despois e nun corner a favor do Cuntis, collemos outra vez a defensa mal colocada, e outra vez Lino presentouse diante do porteiro e bateuno por baixo. Con 2-0, confiamonos e unha perdida no medio do campo de Pichi e que a nosa defensa non foi capaza de despexar o balón por duas veces da area, caeulle o balon no borde da area a un xogador do Cuntis, que disparou cruzado e nada pudo facer Mariño.
Fomonos o descanso ca ventaxa de 2-1, e collemos unha "empanada" defensivamente falando, e non so a defensa se non todo o equipo, e en 2 xogadas puxose o Cuntis por diante no marcador, mediante a un pase a espalda da defensa e un cambio de xogo na que non basculamos ben, fallos aproveita por Jorge "Fresco", xogador do Cuntis, para poñer o 2-3 no marcador.
Pouco despois un centro a area rematado por Toño o da Carballa e aproveitado por Lino para poñer o empate no marcador. A partir do empate, cun xogo mais directo, intentamos a remontada e chegou o gol nun balón largo buscando a Lino, que despois de loitalo de cabeza, queda botando, os 2 centrales do Cuntis chocan entre eles e Lino aproveita para batir por baixo por cuarta vez o porteiro do Cuntis. De aqui o final xa non houbo moitas mais oportunidades por ningún dos 2 bandos.
Este ano temos a suerte de ter a Lino nas nosas filas, un xogador rapido e que se move moi ben entre lineas e que nos vai dar moitos goles esta tempada, pero temos que mellorar moito en defensa por que a fraxilidade que estamos mostrando podenos costar moitos disgustos durante a tempada. Isto acaba de comenzar pero deberemos mellorar moito para non pasar o apuros do ano pasado.
A ver si o proximo partido contra o Almacenes Cancela Tordoia podemos ser mais de 11 xogadores por que se nota moito fisicamente o baixon cando non temos cambios para facer.

10/07/2011

ROSALIA FV - CUNTIS VETERANOS

Este sabado dia 08 de Octubre, xogamos as 16:30 da tarde no campo da Baiuca en Pazos, contra o Cuntis de veteranos. Os xogadores do Rosalia FV a ver si poden estar no campo polo menos con 20 minutos de antelación, para non estar pendientes de quen ven a xogar. Esperamosvos os que queirades ver o partido este sabado en Pazos. Un saudo.

10/03/2011

RESTAURANTE RIBADAVIA - ROSALIA FV (APLAZADO)

El partido entre el Restaurante Ribadabia y el Rosalia FV que debía haberse disputado el sabado día 01 de Octubre, fue aplazado para jugar en una fecha a decidir por los dos equipos. La razón de la suspensión queda por razones obvias, como secreto de sumario, es decir, una decisión adoptada por el Rosalia FV y que fue comunicada al contrario, que acepto sin ningun tipo de problema la suspensión, por lo cual, le agradecemos su gran comportamiento tanto deportivo como de amistad, que han tenido siempre hacia el Rosalia FV.

9/27/2011

RIBADAVIA - ROSALIA FV

O proximo partido enfrentamos co Restaurante Ribadavia, equipo que coma sempre, ten moi bos xogadores e que nos vai crear moitas dificultades tamén nas xogadas de estratexia. O partido vai ser en Airiños as 16:30 da tarde.

O ROOMEL LEVOUSE O DERBI DA XORNADA

Bos dias.
A partir de agora, e como Xose non xoga no equipo pola lesión que tivo a pasada temporada, voume ocupar eu de actualizar o blog do Rosalia FV. Eu son Carlos Rodriguez, mais conocido no mundo do futbol veterano como Coco, e intentarei, ainda que vai ser moi dificil, o menos igualar a calidade periodistica que tiña o meu antecesor na redacción do blog.
Xa levamos 2 partidos de liga de veteranos (o primeiro non pudin acudir por motivos persoais e gañamos 0-2 o Don Budi en Bertamirans, con goles de Lino e Toño, polo que o non estar presente non vou a profundizar moito mais neses partido)
O segundo partido foi o celebrado o sabado pasado, dia 14 de setembro entre o Rosalia FV e o Roomel de Dodro, no campo da Baiuca en Pazos.
Derbi por todo o alto, entre 2 equipos que nos coñecemos moi ben xa todos somos da comarca. O partido empezou con dominio alterno e sin moitas oportunidades de gol, ainda que eles reclamaron un penalty que pudo ser, pero que Neno xogador do Roomel, esaxerou un pouco a caida, e o arbitro interpretou que se había tirado con antelación. O mellor chegou nos ultimos 5 minutos da primeira parte. O arbitro sen darse conta pitou o final da 1ª parte con 4 minutos de antelación (no minuto 41) e ante as protestas dos 2 equipos reaundouse o partido donde se viron 2 goles (un por parte de cada equipo). Adiantouse o Roomel mediante un centro dende o centro campo de Bibi, que a nosa defensa non chega a despexar e o dianteiro do Roomel remata a pracer de cabeza no punto de penalty, adiantando o Roomel no marcador. Non habia pasado un minuto, cando un servidor, adentrome pola banda izquierda e vexo a Minchas desmarcado no punto de penalty, intento facer un centro, pero entre que me saiu un poco fuerte e o vento que me axudou un pouco, sorprendin a Hugo, porteiro do Roomel, colando o balon pola escadra do segundo pau, facendo o empate no marcador e chegando o final da primera parte.
A segunda parte foi moito mais trepidante xa que se viron ata 6 goles mais. Volveuse a adiantar o Roomel no marcador, cando un centro lateral dende o medio do campo, o noso porteiro Mariño intenta despexar o balón, e o non chegar caelle o noso central Antonio, que sin querer introduce o balon na nosa porteria. Pouco tempo despois, unha perdida nosa no centro do campo, acaba cun roubo de balon por parte de Cañon, que tira dende o borde da area e o rechace do noso porteiro, recolleo un xogador deles para poñer en ventaxa o Roomel con 2 goles (1-3). Non nos viñemos abaixo, e cun xogo mais vertical e entrando polas bandas, remontamos o partido con goles de Toño e dun xogador deles en propia meta, tras unha gran xogada colectiva que acabou cun centro dende a banda de Minchas. Con 3-3 no marcador, parecia que a nosa inercia levarianos polo menos a empatar o partido, pero outra vez unha xogada a balon parado (5 dos 6 goles do Roomel foron en xogadas a balon parado) e despois dun saque de esquina, o xogador do 1º pau, non logra despexar, o balon pasa polo medio de todos na area, e caelle a Juan que sin querer introduce o balon na nosa porteria (sendo o segundo gol e propia meta). E xa finalizando o partido outro saque de esquina, volve a fallar o xogador do 1º pau, e remata a pracer Moares, central do Roomel que se había incorporado o ataque.
Como vedes perdemos o partido por no saber defender ben as xogadas a balón parado e ademais por meter 2 goles en propia meta. Esperemos mellorar a defensa desta xogadas que son moi importantes hoxe en dia no mundo do futbol.

1/25/2011

Graciñas, compañeiros!

Creo que vos estades pasando. Xa parecedes de primeira división! En vez de tanta foto a ver si vos dedicades a gañar algún partido que xa é hora.
Pichilán: eres un vago! Íbasme mandar a crónica e aínda estou esperando; e Marcos tampouco debe de animarse...

1/18/2011

4ª Andaina Bisbarra do Sar

Ainda que eu dubido que poida participar este ano, ahí deixo información da andaina deste ano.

4ª ANDAINA BISBARRA DO SAR. 50 KM. 9 DE ABRIL 2011

CONCELLOS DE DODRO, PADRON ROIS E COLECTIVO REMONTE

Características do percorrido.

Percorrido de 50 quilómetros, que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado (pouquiño).

Ó tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

A saída será as 9:00 en punto da maña.

Como facer a proba.

Este ano a organización posibilita facer o percorrido de 2 modos:

Sen  retencións nos controis.  Debe facerse nun máximo de 6:30  horas

Con retencións nos controis ( camiñando).Entre 8 e 12 horas

* No modo “sen retencións” haberá un tope de 125 prazas, sendo as 375 restantes para os inscritos en “camiñando”. A organización, en caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

* Só os participantes que completen o percorrido camiñando terán dereito o diploma acreditativo para a “Copa Galega de Andainas 2011”.

* Serán descalificadas/os  quen corra ou trote na modalidade camiñando.

* Os participantes da modalidade “sin retencions” terán uns tempos máximos de paso (Km: 21: tope 2:45 horas e Km. 40: tope 5:15 horas). De non cumplilos,  serán  pasados pola organización a modalidade  camiñando.

* Os que completen a proba en esta modalidade no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.

* Os participantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de Km feitos segundo os controis ou etapas completadas.

Mais información: http://www.andainabisbarradosar.com/

1/14/2011

Partido do Sábado 15

Xogamos con Recambios Arturo. A pesar das baixas debemos gañar para tranquilizarnos que fainos boa falta. O partido será as 16:15 en Pazos hora galega. Si non podo ir estareivos empuxando donde esté nese momento.Veña, a por eles.

1/12/2011

ROSALIA 1 - MIRADOR DE PADIN 2

Bueno, aquí estou xa operado do desgraciado suceso do Sábado. A cabeza non ma tocaron, pois sei que non hai remedio e era mellor deixala asi para non correr riscos para a sociedade.
Para quen non o sepa o desgraciado suceso foi que menda rompeu o peroné logo dunha entrada dun contrario, e en principio a cousa non foi nada en comparación co que puido ser, xa que foi unha sorte según o doutor que non rompese a tibia e os ligamentos do tobillo. O parte médico:
Fractura suprasindesmal de peroné e luxación tibioastragalina, que en idioma do pobo ven a ser peroné roto e cabesa da tibia en Pontevedra e tobillo en Mondoñedo. Decir tamén que a entrada foi unha como outras no fútebol, que ten estas cousas, e que en ningún momento apreciei mala intención no compañeiro que tivo a mala sorte de que me pasase isto con el, son cousas que pasan e puidolle pasar a calquera dos que alí xogabamos, así que decirlle que este tranquilo, o futebol e así e o que non lle guste que quede na casa. A operación saiu moi ben según o doutor, colocoume unha placa con seis tornillos que si quero voltar a xogar debo sacala, xa que esta moi preto da pel, pero a placa si non me impide para outras cousas quedará ahí e o fútebol pasará a mellor vida para min, disfruteino moitos anos e agora vereino dende a barreira. Si teño sorte e todo vai ben, en dous meses e medio poderei voltar o traballo, que eso si que e o peor disto, aínda que non vale a pena comerme a cabeza.
Vamos pois co partido:
Partido moi intenso fisicamente entre dous bos equipos, disputandose cada balón con intensidade. Non vin ou non recordo ocasións claras, pero nunha falta o borde da area colocamos na barreira os primos de David o Gnomo e claro, gol cun disparo pegado o pau. Así fomos o descanso.
Na segunda metade igual de intenso o partido, e nunha gran xogada de Minchas, entra por banda esquerda e define perfectamente firmando o empate. Creíamos na remontada e estabamos subinbo ben por bandas, pero nunha xogada que igual pecamos de indolentes entra un tipo deles dende o medio campo, e en lugar de facerlle unha faltiña, chega o borde da area e axusta o pau esquerdo de Mariño que nada puido facer. Estaba moi difícil pero insistíamos, e froito desta insistencia subo por banda, Ramón ou Lucas meteme un balón que lle adianto o seu lateral que chega tarde e trabame no avance provocando que caese encima do meu nocello eu mismo e convertindo o pé nunha escultura abstracta. Aquí rematou o partido e empezarón as penas.
Agradecer o trato dos xogadores contrarios que colaboraron e axudaron en todo momento, en especial o seu xogador que e fisioterapeuta que me axudou en todo momento, (cando lle deixaron), pois no primeiro momento houbo momentos de gran tensión e nerviosismo e producironse malentendidos pola situación dificil para todos. Xa no momento do ingreso apareceu o pouco tempo un xogador deles preocupandose por min, moitas grazas, de verdade. Dos compañeiros que decir, somos amijos e demostranno día a día.Co blogue, non sei que pasará, esto do balón acabase para min e tenterei ir a ver os partidos, pero non creo que poida ir a todos, a ver que pasa. O Sábado temos que gañar e pasar folla, que a vida sigue, e quen poida que siga disfutando de este deporte, que e o mais maravilloso do mundo.

1/03/2011

PEDASO DE TELE PARA A ESTRADA

Si o ano pasado o televisor que sorteamos quedou en Padrón, este ano foi cara A Estrada. O agraciado foi Santi Mariño, camionero que fai unha ruta de residuos radiactivos cara Alemaña unha ves a semana, pero que non ten mal ninjún. Como sei que no camión non ten 220 V., disque vai colocar a tele na sala da casa por motivos de loxística enerxética. Na foto podese ver como Couselo, de Sesures e donde ten a tenda, lle fai entrega do premio un Sábado calquera pola mañá antes de tomar as cañas. Como se ve, non ten medo de resibir radiasións, xa que Mariño lle dixo que tiña a cabina do camión aillada cunha capa de 30 ctms. de amianto, aínda que puido coller outra cousa...
Aproveitamos dende aquí para felicitar o gañador.


Aproveito para decir que o Sábado temos que gañar para abrir unha brecha importante cos equipos de abaixo e situarnos ben para a disputa da copa. Xogamos co Mirador de Padín, equipo do Barbansa, e eso significa que non se van rendir fasilmente, so por ser de alí. O partido será as 16:15 hs. en Pazos e si seguimos coa actitude dos últimos partidos van a ter dificil batirnos. Esperemos que a navidade non nos destrosara, aínda que foi a por nos... Pois eso, vemonos o Sábado.