10/16/2011

ALMACENES CANCELA TORDOIA (1) - ROSALIA FV (6)

Visto o resultado todo o mundo podería pensar que foi un partido facil para nos, pero salvo na segunda parte que xa tiñamos controlado o partido non foi tan doado como parece.
Outra vez nos presentamos a xogar solo 11 compañeiros, pero iso si demolo todo no terreo de xogo, intentando dosificar as forzas para poder aguantar. Empezou o partido e os 30 segundos, coma sempre o noso dianteiro Lino, foise por velocidade do defensa e vate por baixo o porteiro. Ese gol deunos bastante tranquilidade, e noutra xogada cun balon e profundidade outra vez Lino vateu o porteiro por baixo. Eles viñeronse arriba e disputaron de varias ocasións (nesta primeira parte enviaron ata 3 balons os paus da porteria) pero noutra rapida xogada, Marcos asisteu a Pichi para que vatera por baixo o porteiro (por certo Pichi lesionouse no aductor na primeira parte e xogou todo o partido case andando, pero como non tiñamos cambios tivo que seguir). Eles recortaron distanciascun forte disparo do seu mellor home, o número 8 que nos creou batante problemas entre lineas, que se colou case pola escadra do Mariño. Con 1-3 e con eles acosandonos outra vez Lino foise por velocidade e colocou o 4º gol (terceiro no seu casilleiro). Así fomos o descanso cunha ventaxa de 1-4 no marcador.
A segunda parte non tubo moita historia, nos intentando controlar o partido e eles que foron perdendo fuelle a medida que pasaban os minutos e asi Lino aproveitou para meter outros dous goles, un cun pase en profundidade batendo por baixo o porteiro, e o ultimo, cun balón que cambia de orientación a banda donde recolleuno Alejandro, que centrou o segundo pau e Lino rematou a pracer de cabeza.
Colocamonos así con 9 puntos e cun partido menos pero co handicap de que volvemos a ir xogar solo 11 homes. Isto non pode seguir asi por que xa non estamos fisicamente para florituras e quedan moitos partidos por disputar. Temos que mirar de polo menos ter 3 ou 4 cambios por partido pero iso habera que falalo de portas para dentro. O importante e que volvemos a gañar e que este ano temos algo que nos faltaba estos ultimos anos e polo que sufrimos o final de liga; este ano temos moito gol e ese home gol chamase Lino. Esperemos que siga así por moito tempo.
Un saudo.

1 comentario: