10/25/2011

ROSALIA FV (1) - HNOS COUTO (3)

Partido disputado o Venres as 21:30 horas no campo da Baiuca de Pazos, que ten un alumbrado que permite xogar caseque como se fora de día. Outra vez presentamonos poucos a xogar, neste caso eramos 12 (ainda bueno que tiñamos un cambio) contra un equipo que se reforzou moi ben e que ten nas bandas a dous xogadores moi rapidos e tecnicos (oscar e cutrin) e de media punta a un xogador que marca as diferencias (martin). Ainda así adiantamonos no marcador cun gol de penalty por agarron a Minchas dentro da area cando iba cara a portería, que el mismo transforma no 1-0. Despois de moito reclamar Hnos Couto penaltys dentro da nosa area, o final o colexiado sinalou un por mans dentro da area. Pero o mais simpatico chegou despois, lanza o penalty Cutrin que o falla dando no poste, e incompresiblemente o colexiado manda repetir por que seique un de nos entrou na area antes de tempo (eu creo que entramos todos dos 2 equipos , pero e a primeira vez que en veteranos vexo que mandan repetir un penalty por seguir a regla o pe da letra); lanza outra vez Cutrin e ahora si convirte o gol (1-1). Si seguiramos a regla este tamen se debería haber repetido porque entraron xogadores do equipo rival antes de tiralo, pero isto non nos leva a ningunha parte.
Entramos na segunda parte ben colocado no campo, sin que nos crearan moitas ocasións de gol, ainda que e certo que nos tampouco creamos moitas, pero nunha perdida de balón no medio campo, colleunos a defensa descolocada, e un pase en profundidade a Oscar, que convirteu o 1-2. Despois tivemos unha clara oportunidad por parte de Lucas, que se quedou en boa posición para marcar, pero enviou o balón por riba do travesaño e depois nun saque de esquina, o balón vai o segundo pau e Juan intenta devolver o centro a área e o balón peta nas mans dun defensa do Hnos Couto, pero o arbitro desentendeuse da xogada e non quixo pitar, nada. Asi faltando pouco tempo, una indecisión entre o porteiro e a defensa, Martin roubonos o balón, e colocou unha baselina por riba de Mariño, poñendo o definitivo 1-3 no marcador.
Como sempre volvemos a ter o incoveniente dos cambios xa que o ser 12 xogadores so tiñamos un, e ainda por riba Lisi, lesiounose nun nocello mediada a segunda parte, e xa non puido volver entrar. Tamén notamos moito a falta do noso goleador Lino, que estaba nunhas merecidas vacacións e non poido disputar o partido. Esperamos que veña coas pilar cargadas para xogar o proximo sabado en Calo, contra Maderas Ramos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario