10/10/2011

ROSALIA FV (4) - CUNTIS VETERANOS (3)

Mais ben deberíamos decir Lino (4) - Cuntis Veteranos (3), por que foi o noso delantero Lino o xogador destacado do partido metendo os catro goles que nos deron o triunfo diante dun bo equipo como o Cuntis. Empezou o partido con claro dominio noso con claras chegadas a porteria contraria, duas delas protagonizadas por un servidor, Coco, que nun mal saque do porteiro e nun pase de Lino, presenteime duas veces diante da porteria o borde da area, ainda que un pouco escorado a banda, e as duas veces lancei o balón por riba da porteria (notase que son lateral e non centrocampista, xa que as baixas fixeron que so nos presentaramos 11 xogadores e tiven que xogar no medio campo escorado a dereita). Asi nun saque de banda collemos despistada a sua defensa, e Lino por velocidade presentouse diante do porteiro e bateuno por baixo. Pouco despois e nun corner a favor do Cuntis, collemos outra vez a defensa mal colocada, e outra vez Lino presentouse diante do porteiro e bateuno por baixo. Con 2-0, confiamonos e unha perdida no medio do campo de Pichi e que a nosa defensa non foi capaza de despexar o balón por duas veces da area, caeulle o balon no borde da area a un xogador do Cuntis, que disparou cruzado e nada pudo facer Mariño.
Fomonos o descanso ca ventaxa de 2-1, e collemos unha "empanada" defensivamente falando, e non so a defensa se non todo o equipo, e en 2 xogadas puxose o Cuntis por diante no marcador, mediante a un pase a espalda da defensa e un cambio de xogo na que non basculamos ben, fallos aproveita por Jorge "Fresco", xogador do Cuntis, para poñer o 2-3 no marcador.
Pouco despois un centro a area rematado por Toño o da Carballa e aproveitado por Lino para poñer o empate no marcador. A partir do empate, cun xogo mais directo, intentamos a remontada e chegou o gol nun balón largo buscando a Lino, que despois de loitalo de cabeza, queda botando, os 2 centrales do Cuntis chocan entre eles e Lino aproveita para batir por baixo por cuarta vez o porteiro do Cuntis. De aqui o final xa non houbo moitas mais oportunidades por ningún dos 2 bandos.
Este ano temos a suerte de ter a Lino nas nosas filas, un xogador rapido e que se move moi ben entre lineas e que nos vai dar moitos goles esta tempada, pero temos que mellorar moito en defensa por que a fraxilidade que estamos mostrando podenos costar moitos disgustos durante a tempada. Isto acaba de comenzar pero deberemos mellorar moito para non pasar o apuros do ano pasado.
A ver si o proximo partido contra o Almacenes Cancela Tordoia podemos ser mais de 11 xogadores por que se nota moito fisicamente o baixon cando non temos cambios para facer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario