11/26/2010

ROSALIA - KIRSS XAMONERIA

As 16:15 en Pazos. Media hora antes no campo hora galega, partido mais importante do ano según Toño, opinión que comparto. Por certo, temos o reintejro do cupón do outro día, polo tanto, ecuación:
novas cervexas post-partido = novos cupóns. Ata logo.

11/22/2010

MUEBLES GUADALUPE 1 - ROSALIA 1

Choque de gran intensidade nun día de cans, por parte dos dous equipos, pero non por elo noble e limpo. A primeira metade tivemos o aire en contra e tentamos controlar o xogo para ver si na segunda parte facíamos dano coa ventaxa do aire. O equipo contrario amosou moito mais do que reflexa a súa posición na taboa, xa que creo que dispoñen duns cantos bos xogadores. Eles adiantáronse na primeira metade froito dunha indecisión miña, xa que quedei pedindo fora de xogo uns segundos que lle permitiron o seu dianteiro levantar a cabeza para pasarlle o balón a un compañeiro que foi derrubado na area non sei por quen. Penalti que trasforman a pesar de que Mariño toca o balón coa man e casi consigue detelo. Pouco despois Pichi manda un balón o pau nunha contra nosa que puido significar o empate. Eles tiveron unha ocasión antes de irnos o descanso nun balón que se estrelou no longueiro.
Xa na segunda metade saímos coa intención de revertir o marcador pero sin embargo avisan de novo cun bo disparo cruzado que volve a ser rexeitado polo traveseiro. Ahí acabaronse e pasamos a ter xa o dominio do partido metendos no seu campo, pasando a xerar ocasións claras para marcar, incluído un balón noso o longueiro tamén. Cando eles creían que podían gañar o choque, aparece quen si non, polos sielos de Jalisia, super Pichilán para firmar o empate o peinar perfectamente unha falta  (ou un corner, non sei), botada por Minchas. Non sei cantos goles leva pero os equipos contrarios van a ter que poñerlle seis tipos marcando a este fenómeno, porque non e normal que un central xa leve 5 ou seis goles en 10 partidos. Disque xa hai algún equipo coa chequera para levalo, pero non pode ser porque estase a convertir no noso xogador franquicia. Non houbo tempo para mais e creo que o resultado foi xusto.
Cando acabamos paramos a tomar as servesas revitalisantes e mercamos un décimo para navidade e tres cupón para hoxe, ahí quedan os números para quen queira miralos.


ROSALIA 5 - TOURLINE 2

Partido que nin merece a pena facer a crónica, pois non recordo que nos puxeran tan fácil unha victoria. Realmente vin un equipo moi blando que por riba xogou a unha intensidade de pachanga de amigos. Os sus dous goles deles son anecdóticos, xa que marcaron o primeiro cando xa íamos 4 – 0 e a relaxación nos atacou tamén a nos. Os goleadores foron Minchas 2, Toño 1, Pichi 1 e Barros 1. Xa vedes que Minchas está vivindo unha segunda xuventude pois molla casi sempre. Para a semana vamos a Boiro, co Muebles Guadalupe e tentaremos manter a racha de victorias para afianzarnos na zona tranquila da táboa.

11/10/2010

NEGREIRA 0 - ROSALIA 1

Buff, aínda estou sudando. Curramos como descosidos e foi moi complicado, pero conseguimolo obxectivo dos tres puntos que son moi importantes para nos na nosa situación actual. Saímos tendo como primeiro obxectivo manter a seguridade atrás e eu voltei o lateral nun lado, Juan no outro e Pichilan e Topi no centro da defensa, e todo estivo bastante controlado, salvo nun erro de Toño que quedou gardandolle as costas a Pichilan e intentando cederlle a Mariño deixa o balón os pés do seu dianteriro que non define no man a man que o noso porteiro resolve estupendamente. Pouco despois nunha falta o borde da área, Jano estrela o primeiro balón na cruceta da nosa portería. Nos achegabamonos a sua área pero sin crear perigo claro, pero ocupando ben o campo e estando ordenados. Antes do descanso, lesión de Ramoní, (esperemos que non sexa nada serio), que nos obriga a recompoñer o equipo, e pequeno pinchazo no muslo de Barros que foi o aviso do que lle pasou logo.
Na segunda metade seguimos igual, sabendo que teríamos algunha ocasión, que sería vital se mantiñamos esa actitude e orde no campo. En eles vianse asomar síntomas de nerviosismo pois a súa situación tampouco e boa na táboa.
Nos avisamos nun corner que Toño remata alto de cabeza a dous metros da portería. Pouco despois, novo corner, eles non consiguen sacar o balón da área e tras dous rechaces SuperPichilán, enchufa un zapatazo que nos pon por diante quedando 25 min. E increíble, un central levando unha media de case gol por partido.
Eles reaccionan indose con todo cara arriba e disfrutan de tres ocasións con grandes disparos e  nos que Mariño, que estivo espectacular, sacou tres mans increíbles. O tempo non daba pasado e nos xa so buscabamos algunha contra para finiquitar o choque, e nunha Pichi engancha un remate sin deixala caer que se foi algo escorado, cando posiblemente a pudo controlar quedando so ante o porteiro. Xa quedando tres minutos, de novo Jano, manda outra falta a cruceta pero so foi !ui!, non foi gol. Non houbo tempo para mais e a verdade tivemos sorte, pero os paus xogan, e o porteiro tamén. Mariño, de 10, incríble, o que me leva a pensar que xa temos relevo do santo do ano pasado, San Morla, porque o sábado foi San Santi.
Agora temos que facer boa esta victoria o sábado ante o Tourline e escalar postos. Unha mágoa a lesión de Barros, que finalmente rompeu detrás do muslo cando se ve que estaba recuperando sensacions tras anos sen xogar, esperemos que se recupere pronto. Debeu ter parado na primeira metade pero as suas gañas de axudar traicionaronno. Do Negreira decir que non creo que ese equipo descenda nin que pase apuros pois parecenme moi superiores a outros equipos contra os que xogamos.