11/22/2010

MUEBLES GUADALUPE 1 - ROSALIA 1

Choque de gran intensidade nun día de cans, por parte dos dous equipos, pero non por elo noble e limpo. A primeira metade tivemos o aire en contra e tentamos controlar o xogo para ver si na segunda parte facíamos dano coa ventaxa do aire. O equipo contrario amosou moito mais do que reflexa a súa posición na taboa, xa que creo que dispoñen duns cantos bos xogadores. Eles adiantáronse na primeira metade froito dunha indecisión miña, xa que quedei pedindo fora de xogo uns segundos que lle permitiron o seu dianteiro levantar a cabeza para pasarlle o balón a un compañeiro que foi derrubado na area non sei por quen. Penalti que trasforman a pesar de que Mariño toca o balón coa man e casi consigue detelo. Pouco despois Pichi manda un balón o pau nunha contra nosa que puido significar o empate. Eles tiveron unha ocasión antes de irnos o descanso nun balón que se estrelou no longueiro.
Xa na segunda metade saímos coa intención de revertir o marcador pero sin embargo avisan de novo cun bo disparo cruzado que volve a ser rexeitado polo traveseiro. Ahí acabaronse e pasamos a ter xa o dominio do partido metendos no seu campo, pasando a xerar ocasións claras para marcar, incluído un balón noso o longueiro tamén. Cando eles creían que podían gañar o choque, aparece quen si non, polos sielos de Jalisia, super Pichilán para firmar o empate o peinar perfectamente unha falta  (ou un corner, non sei), botada por Minchas. Non sei cantos goles leva pero os equipos contrarios van a ter que poñerlle seis tipos marcando a este fenómeno, porque non e normal que un central xa leve 5 ou seis goles en 10 partidos. Disque xa hai algún equipo coa chequera para levalo, pero non pode ser porque estase a convertir no noso xogador franquicia. Non houbo tempo para mais e creo que o resultado foi xusto.
Cando acabamos paramos a tomar as servesas revitalisantes e mercamos un décimo para navidade e tres cupón para hoxe, ahí quedan os números para quen queira miralos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario