11/10/2010

NEGREIRA 0 - ROSALIA 1

Buff, aínda estou sudando. Curramos como descosidos e foi moi complicado, pero conseguimolo obxectivo dos tres puntos que son moi importantes para nos na nosa situación actual. Saímos tendo como primeiro obxectivo manter a seguridade atrás e eu voltei o lateral nun lado, Juan no outro e Pichilan e Topi no centro da defensa, e todo estivo bastante controlado, salvo nun erro de Toño que quedou gardandolle as costas a Pichilan e intentando cederlle a Mariño deixa o balón os pés do seu dianteriro que non define no man a man que o noso porteiro resolve estupendamente. Pouco despois nunha falta o borde da área, Jano estrela o primeiro balón na cruceta da nosa portería. Nos achegabamonos a sua área pero sin crear perigo claro, pero ocupando ben o campo e estando ordenados. Antes do descanso, lesión de Ramoní, (esperemos que non sexa nada serio), que nos obriga a recompoñer o equipo, e pequeno pinchazo no muslo de Barros que foi o aviso do que lle pasou logo.
Na segunda metade seguimos igual, sabendo que teríamos algunha ocasión, que sería vital se mantiñamos esa actitude e orde no campo. En eles vianse asomar síntomas de nerviosismo pois a súa situación tampouco e boa na táboa.
Nos avisamos nun corner que Toño remata alto de cabeza a dous metros da portería. Pouco despois, novo corner, eles non consiguen sacar o balón da área e tras dous rechaces SuperPichilán, enchufa un zapatazo que nos pon por diante quedando 25 min. E increíble, un central levando unha media de case gol por partido.
Eles reaccionan indose con todo cara arriba e disfrutan de tres ocasións con grandes disparos e  nos que Mariño, que estivo espectacular, sacou tres mans increíbles. O tempo non daba pasado e nos xa so buscabamos algunha contra para finiquitar o choque, e nunha Pichi engancha un remate sin deixala caer que se foi algo escorado, cando posiblemente a pudo controlar quedando so ante o porteiro. Xa quedando tres minutos, de novo Jano, manda outra falta a cruceta pero so foi !ui!, non foi gol. Non houbo tempo para mais e a verdade tivemos sorte, pero os paus xogan, e o porteiro tamén. Mariño, de 10, incríble, o que me leva a pensar que xa temos relevo do santo do ano pasado, San Morla, porque o sábado foi San Santi.
Agora temos que facer boa esta victoria o sábado ante o Tourline e escalar postos. Unha mágoa a lesión de Barros, que finalmente rompeu detrás do muslo cando se ve que estaba recuperando sensacions tras anos sen xogar, esperemos que se recupere pronto. Debeu ter parado na primeira metade pero as suas gañas de axudar traicionaronno. Do Negreira decir que non creo que ese equipo descenda nin que pase apuros pois parecenme moi superiores a outros equipos contra os que xogamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario