4ª ANDAINA BISBARRA DO SAR. 50 KM . 9 DE ABRIL 2011
CONCELLOS DE DODRO, PADRON ROIS E COLECTIVO REMONTE
Características do percorrido.
Percorrido de 50 quilómetros, que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado (pouquiño).
Ó tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.
A saída será as 9:00 en punto da maña.
Como facer a proba.
Este ano a organización posibilita facer o percorrido de 2 modos:
Sen retencións nos controis. Debe facerse nun máximo de 6:30 horas
Con retencións nos controis ( camiñando).Entre 8 e 12 horas
* No modo “sen retencións” haberá un tope de 125 prazas, sendo as 375 restantes para os inscritos en “camiñando”. A organización, en caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
* Só os participantes que completen o percorrido camiñando terán dereito o diploma acreditativo para a “Copa Galega de Andainas 2011” .
* Serán descalificadas/os quen corra ou trote na modalidade camiñando.
* Os participantes da modalidade “sin retencions” terán uns tempos máximos de paso (Km: 21: tope 2:45 horas e Km. 40: tope 5:15 horas). De non cumplilos, serán pasados pola organización a modalidade camiñando.
* Os que completen a proba en esta modalidade no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.
* Os participantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de Km feitos segundo os controis ou etapas completadas.
Mais información: http://www.andainabisbarradosar.com/
Mais información: http://www.andainabisbarradosar.com/
ánimo cuñado!xa participarás o ano que vén! xa comento aqui!a ver se o ves!
ResponderEliminar!Joder, estaste informatisando!
ResponderEliminar