1/12/2011

ROSALIA 1 - MIRADOR DE PADIN 2

Bueno, aquí estou xa operado do desgraciado suceso do Sábado. A cabeza non ma tocaron, pois sei que non hai remedio e era mellor deixala asi para non correr riscos para a sociedade.
Para quen non o sepa o desgraciado suceso foi que menda rompeu o peroné logo dunha entrada dun contrario, e en principio a cousa non foi nada en comparación co que puido ser, xa que foi unha sorte según o doutor que non rompese a tibia e os ligamentos do tobillo. O parte médico:
Fractura suprasindesmal de peroné e luxación tibioastragalina, que en idioma do pobo ven a ser peroné roto e cabesa da tibia en Pontevedra e tobillo en Mondoñedo. Decir tamén que a entrada foi unha como outras no fútebol, que ten estas cousas, e que en ningún momento apreciei mala intención no compañeiro que tivo a mala sorte de que me pasase isto con el, son cousas que pasan e puidolle pasar a calquera dos que alí xogabamos, así que decirlle que este tranquilo, o futebol e así e o que non lle guste que quede na casa. A operación saiu moi ben según o doutor, colocoume unha placa con seis tornillos que si quero voltar a xogar debo sacala, xa que esta moi preto da pel, pero a placa si non me impide para outras cousas quedará ahí e o fútebol pasará a mellor vida para min, disfruteino moitos anos e agora vereino dende a barreira. Si teño sorte e todo vai ben, en dous meses e medio poderei voltar o traballo, que eso si que e o peor disto, aínda que non vale a pena comerme a cabeza.
Vamos pois co partido:
Partido moi intenso fisicamente entre dous bos equipos, disputandose cada balón con intensidade. Non vin ou non recordo ocasións claras, pero nunha falta o borde da area colocamos na barreira os primos de David o Gnomo e claro, gol cun disparo pegado o pau. Así fomos o descanso.
Na segunda metade igual de intenso o partido, e nunha gran xogada de Minchas, entra por banda esquerda e define perfectamente firmando o empate. Creíamos na remontada e estabamos subinbo ben por bandas, pero nunha xogada que igual pecamos de indolentes entra un tipo deles dende o medio campo, e en lugar de facerlle unha faltiña, chega o borde da area e axusta o pau esquerdo de Mariño que nada puido facer. Estaba moi difícil pero insistíamos, e froito desta insistencia subo por banda, Ramón ou Lucas meteme un balón que lle adianto o seu lateral que chega tarde e trabame no avance provocando que caese encima do meu nocello eu mismo e convertindo o pé nunha escultura abstracta. Aquí rematou o partido e empezarón as penas.
Agradecer o trato dos xogadores contrarios que colaboraron e axudaron en todo momento, en especial o seu xogador que e fisioterapeuta que me axudou en todo momento, (cando lle deixaron), pois no primeiro momento houbo momentos de gran tensión e nerviosismo e producironse malentendidos pola situación dificil para todos. Xa no momento do ingreso apareceu o pouco tempo un xogador deles preocupandose por min, moitas grazas, de verdade. Dos compañeiros que decir, somos amijos e demostranno día a día.Co blogue, non sei que pasará, esto do balón acabase para min e tenterei ir a ver os partidos, pero non creo que poida ir a todos, a ver que pasa. O Sábado temos que gañar e pasar folla, que a vida sigue, e quen poida que siga disfutando de este deporte, que e o mais maravilloso do mundo.

19 comentarios:

  1. Ánimo irmanciño!! Non eres tan queixica como pensábamos a familia. Ti non te preocupes, que eu levareite a onde queiras que xa estou acostumada a facer de chófer. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Moitas jrasias pitufa.

    ResponderEliminar
  3. xogador miradordepadin12 de enero de 2011, 12:26

    Xose,moita sorte na tua recuperacion.E penso que volveras a xogar o fubol cos teus compañeiros.

    ResponderEliminar
  4. Gracias, esperemos que non sexa nada o do voso compañeiro tamén. Un abrazo tamén para Jorge, que non pasa nada home.
    Xose

    ResponderEliminar
  5. directiva mirador de padín13 de enero de 2011, 0:28

    Moito ánimo e pasiensia socio. Sejuro que antes do que pensas volvesós terrenos cos teus colegas. Esperamos a túa visita cando veñades a Riveira polo menos pa compartir unhas servesiñas

    ResponderEliminar
  6. si chegamos a falar antes, antes rompes a perna. ó final pasaches ti antes ca mín polo quirófano. ánimo e xa verás cómo volves xogar

    ResponderEliminar
  7. Xa pensara eu que pudo ser por falar contigo Jaime, a próxima vez pejoche esquinaso cando te vexa vir pola rúa, jajaja...
    Gracias Mirador de Padín, será un plaser tomar unhas servesas, que sempre fan ben.
    Xose

    ResponderEliminar
  8. Ánimo na recuperación Xose, agora dende fora poderás velos partidos mellor e dar moita máis caña nas crónicas, poñernos verdes cando faga falla para centralo calsonsillo como eceía un gran filosofo

    ResponderEliminar
  9. Hola Xose, soy Pablo, el jugador del mirador que pasó el otro día a verte por el policlínico, me alegro de que el diagnóstico no haya sido tan malo como en principio se preveía y estoy seguro que tal y como se ve que has afrontado la lesión no me cabe la menor duda de que tendrás una pronta recuperación, mucho ánimo y esperamos verte en ribeira en el partido de vuelta. saludos compañero

    ResponderEliminar
  10. Xa se me van acabar os agradecementos. Gracias pola visita o outro día Pablo,actitudes como as vosas son as que fan que queiramos tanto este deporte e sigamos xogando logo de tantos anos. Por certo Marcos, necesitaba un corresponsal para o Sábado e podías ser ti, ou Pichilán, (aínda que e algo vajoneta), ou quen se anime, así que animate ou animadevos, mandadesma o meu correo:
    galiirish@yahoo.es
    Grazas polos animos e polas futuras crónicas,jejeje.

    ResponderEliminar
  11. vajoneta, creo que non estas para facer eses comentarios que igual teño que darche na outra, ti trankilo que acronica vai ser ben facil de facer, animo joselito, jajajaja.Pichi

    ResponderEliminar
  12. Hola Xose, son Maga, Os mesus desexos para unha rápida e total recuperación para que poidas voltar a xogar. Saúdos

    ResponderEliminar
  13. ANIMO E MOITA PACIENCIA
    UN ABRAZO

    XACO

    ResponderEliminar
  14. Gracias a todos. Pichi, a ver si e verdade o da crónica, aínda que cha teña que tradusir. Maga, ti tan vasilón coma sempre. ¿Sabías que Baicha vainos facer unha equipaxe nova?

    ResponderEliminar
  15. Soy el "pobre incauto" que trató de echaros una mano el otro día. Comentaros varias cosas, desde 2 puntos de vista: la experiencia (fractura de tibia y peroné) y el conocimiento (dirijo un master en el comité olimpico y la federacion española sobre recuperacion de lesiones en el futbol). De lo primero decirte que el "bajón" que tienes ahora es normal, lo mismo que la idea de dejar el fútbol. Yo tuve una fractuar de tibia y peroné y pensaba más o menos igual, tuve que operarme 3 veces y tardé 2 años en estar bien. Pensaba igual poruqe necesitaba acabar mi carrera, que me ogligaba claro está a estar bien fisicamente. De lo segundo debes saber que mi consejo es que en 3-4 meses optes por quitarte los tornillos. El peroné suele consolidar bastante pronto, y solo soporta 1/8 del peso, por lo que, salvo imprevistos, con una buena recuperacion en otros 2 meses de trabajo progresivo podrías jugar casi sin problema. Por lo que se vió el otro día y por lo que escribís el deporte es parte de vuestra manera de entender la vida así que no te cierres en absoluto a volver a jugar y hacer deporte. Si necesitas algun programa de rehabilitacion, ejercicios, etc... no dudes en solicitarla. Al resto del equipo cerrar con una recomendación: en casos como los de Jose lo mejor es no tocar. Ha tenido bastante suerte, pero en situaciones así, uno de los trozos fracturados, si se toca puede seccionar un nervio o una arteria, provocando un verdadero problema.
    Del resto animaros a todos en la vuelta a tomar las cañas y los pinchos que os merecéis. por lo general pocos equipo tienen tan buena gente, y hay que felicitarse por ello.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  16. gracia Luis por tu comentario, Saludos. Pichi

    ResponderEliminar
  17. Gracias Luís. Ante todo pedirche disculpas pola reacción nos momentos iniciais dalgún de nos, pero aseguroche que foi por perder os nervos por non saber que facer e a impresión inicial o verme así o pe. Espero que eu non che falase mal nin nada polo estilo, porque houbo un momento que estaba tan atosigado por tanta xente que estaba o meu redor que tan só quería uns momentos de respiro. Agradezcoche a gran axuda que me prestaches o outro día así como a túa paciencia. Terei en conta a túa información e opinión, non sei nada acerca de esto e valorarei as opcións todas. Pois eso, disculpas e moitas grazas.

    ResponderEliminar
  18. Hola Xose: Ao igual que o comentario do outro día (14.01.01) son Maga o de Roomel, ¿como vai todo? Espero que ben. Saúdos

    ResponderEliminar
  19. Perdoa Maga, e que cando anda o outro polo medio xa desconfío. Gracias por interesarte. Si, polo de agora vai todo ben, o Luns sacanme as jrapas e escaiolanme para seis semanas mais e despois a ver como vai o conto. Bueno, aljo vai mal, o outro día entrando no moldes (super), pitoume o aparato da entrada pola placa que me puxeron na perna, xa penso que lle quedou o doutor un CD mangado no corte ingles dentro.

    ResponderEliminar