12/15/2010

AVISO IMPORTANTE

SORTEO DO TELEVISOR
Facendo o reconto dos talonarios que non vendemos para o sorteo da televisión detectamos unha irregularidade por un fallo de imprenta nunha rifa de cada talonario.
En concreto nas que terminan en 10. Sentimos moito non telo detectado antes e quizáis se non fose por este reconto non nos tivesemos dado ninguén de conta.
Dito erro ven dado pola inclusión dun número mais en dita rifa, concretamente o número cero entre os dous primeiros números e os dous últimos.
Por exemplo, a rifa 1210, e por un erro de impresión, repito, aparece como 12010. Esperando que comprendan que non existiu mala fé por parte de ninguén, pedimos disculpas por este erro pero a verdade e que o detectamos agora e por casualidade. No sorteo respetarase a papeleta premiada si o é, ignorando ese cero central.
Reitero as disculpas, recordando que ese problema tan so esta nesas papeletas, as rematadas en 10, aínda que sabendo esto o sorteo debe discurrir con normalidade e so se debe prestar especial atención si a terminación do sorteo é 010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario