12/04/2010

ROOMEL 0 - ROSALIA 1

Minuto 1, corner o noso favor, sube un tipo de nos que non vou desir o nome, e gol. O de sempre, esto xa me cansa, xa vou facer copiar e pegar. Que mais decir, podo falar do tempo, que foi frío, da crise dos controladores, eu que sei...
Pois si, Pichilan de novo, "El hombre de la cabeza de oro",  "O mellor sentral do mundo". Pepe, ¿pero quen e Pepe?, Piqué, ¿pero quen e Piqué?, nadita.
Así sigueu o partido, nos controlando perfectamente o xogo toda a primeira parte e eles tocando moito pero fora da zona de perigo. Si algo estamos facendo nos últimos partidos e ser pillos e saber que o noso momento vai chegar, ainda que neste caso foi pronto. Xa na segunda metade eles apretaronnos e ben, e sufrimos moito, e froito dese empuxe deles chegou un penalti cometido por menda que non acuso o árbitro de equivicarse porque debín medir mellor, pero bueno, aseguro que antes de bater con Juan (do Dodro), toco o balón coa punta da bota e el fai todo por caer, pero bueno, si eu fose o árbitro podería pitar a pena máxima.
Ah, pero nos temos porteiro, e resulta que sabe aljo de estar debaixo dos paus...e detenlle o penalti a Richard. Fantástico Mariño, casi vai ser como Morla. Estilos diferentes pero grandes porteiros.
Nos dispuxemos de tres ou catro contras claras, que por mor dos foras de xogo pitados polo arbitro moi dubidosos, non nos permitiron aumentar a ventaxa. Eles mandaron dous balóns o pau en tiros lonxanos e sacamos un balón entre eu e Pichilán baixo os paus, (tamén eles na primeira metade), e logo rabuñolle o balón o seu dianteiro coa meta baleira logo dunha clara falta do seu dianteiro a Mariño que non sinala o árbitro. En fin, partido moi dificil de gañar pero que se gañou, e aplaudir a todo o equipo que o dou todo e temos orgullo de ser nos, de que para gañarnos hai que sudar e moito, e felicitarnos porque o víamos todo tan negro fai seis partidos e gañamos 4 e empatamos un dos últimos cinco. A tope diria o outro. Ahí queda unha foto dos Pichis, o da cabesa de ouro e o ba cadera imposible.

1 comentario: