12/01/2010

ROSALIA 2 - KIRSS XAMONERIA 1

Dios existe: chamase Pichilán. Como cando Moises abreu as augas do Mar Nejro, (disque), o noso artista abreu o camiño da remontada cando a falta de 15 minutos perdíamos 0 – 1.
O partido comenzou  co contrario esperando un pouco a ver como eramos,  e a verdade e que non pareciamos gran cousa, moi blandos e con bastante falta de intensidade. Esto supuxo que eles empezasen a creer que podían levar algo positivo do noso campo e así, os 20 minutos e nunha xogada na que non nos entendemos entre o medio do campo e a defensa, e pecando de exceso de pasividade adiántanse no marcador. Eles non creaban perigo ningún e nos a pesar de todo, tiñamos ocasións claras pero que non eramos quen a aproveitar. Así fomos o “reseso”, como di un gran traballador que traballa conmijo.
Na segunda metade saímos coa intención de poñerlle outra marcha o partido e así conseguimos encerralos no seu campo, facendo que non chegasen prácticamente os dominios de Mariño. O nerviosismo tamén nos empezaba a atacar virulentamente e parecíamos a lonja de Fisterra berrando entre nos, pero..., pitannos un corner a favor e claro, como con nos xoga o meu compañeiro do centro da zaga que non fai falla que dija quen é, nin o que fixo outra vez, bueno, o de sempre: sacamos o corner, o balón voa a donde nadie chega namais ca el, dalle coa testa o balón, o porteiro mira como pasa por donde nunca chegará, e o balón para contra a rede da portería ,(polo lado de dentro claro), gol de Pichilán, e van seis......
Quedaban 15 minutos e eles sufrindo. Na súa casi única chegada que fan na segunda metade piden penalti nunha xogada na que Pichilán disponse a despexar e venlle o dianteiro por detrás metendo o pé e levando un bo golpe, xa que non lle da o balón e Pichi dalle o balón e mais o seu pobre pé, que ahí non se debe meter que te fas pupa... nada de nada.
E como todo podía ser mellor, a falta de 5 minutos, Pichi o de Calo pelexa un balón co noso ex Tanoira, deixándolle o balón os pes de Barros que non perdoa dándonos un triunfo traballado e importantísimo. O Sábado imos a Dodro, máxima rivalidade e vamos polo partido, que nos acercaría moito a eles. Recuperamos a Minchas que seguro tentará batir os seus excompañeiros e que non xogou este Sábado. Teño un presentimento: en Dodro vai resurxir Marquitos Iniesta.
Como tiñamos o reintegro nos cupóns do outro día collemos catro mais para este venres, ahí queda o número. Tamen podemos ver os cracks do Sábado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario