12/14/2010

ROSALIA 1 - RIBADAVIA 3

Ocasión perdida ante un equipo que non acostuma a poñer as cousas fáciles, aínda que a nosa actitude tamen fai que parezcan mais fáciles. Pudemos gañar este encontro pero ante unha escadra que ten calidade arriba para definir en calquer ocasión non se poden cometer tres erros, dous de marca no primeiro e terceiro gol, e un erro no despexe no segundo. Anotaron o seu primeiro tanto os 20 minutos de xogo grazas a un balón longo as costas de Coco, que se veu superado pola velocidade do interior deles. Primeira ocasión e gol, sin facer nada, xa que nos tiñamos o dominio do partido. Seguiu a cousa así e chegouse o descanso. Na segunda metade saímos co ánimo de remontar, e conseguimos empatar nunha gran xogada entre Minchas, Pichi e Buela, que define grazas o gran servizo de Minchas. Eles empezarón a amosar nervos, e Lucas fai un bo control na área deles e cando xa cantábamos o gol vaiselle alto o balón por pouco.
Pero esta vez a sorte non nos acompañou, e, do que puido ser un gol clave para levarnos a victoria, pasamos o segundo deles logo dun erro nunha xogada que aparentemente non tiña perigo, o intentar Pichilán despexar o lado de Juan, errando na acción e quedandolle o balón a guevo o seu dianteiro. Inxusto pero así e o fútebol. Caeunos a alma o chan, xa quedaba pouco e as forzas xa estaban xustas polo que eles aproveitarón para marcar o definitivo 1 - 3 a cinco minutos do final que nos deixou a moral algo tocada. O sábado imos a Dubra e creo que podemos gañar, xa o ano pasado fixemos un gran partido con 9 homes caendo no último minuto, e queremos resarcirnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario