12/20/2010

DUBRA B&B FISIOTERAPIA 1 - ROSALIA 2

Antes de nada decir que si Kike tivera que ir pañar patacas, ou podala viña ou facer a caña, casi seguro que non gañaríamos. Digo esto porque o seu gol foi providencial para lograr esta victoria que nos soubo a gloria e que a piques estivemos de non lograla por “factores externos”.
Vaiamos pois co partido. Chegamos a Dubra con un só troco coma sempre, (quedou Kike no banquiño). Os dez minutos, Barros gañalle as costas a defensa e clava o primeiro gol con unha precisa vaselina ante a que nada puido facer o porteiro. A cousa poñiase ben e nos estabamos ordeados a perfección, tendo que conter o seu xogo de sempre: balóns en largo, peina o seu dianteiro e a ver que cae nas segundas xogadas. Claro que facernos eso tendo a Pichilán, (impresionante por arriba), o seu dianteiro non lle fixo unha soa raia o medio nin o lado o balón, pois non lle chegaba co peine.
Pero nunha xogada que non teño moi clara, quedalle o balón na área o seu dianteiro e empatan a media hora. O mesmo tempo lesionase Barros e entra Kike.

Os goleadores. Kike na sua outra faceta de crack, non colle dentro de si.
Na segunda metade igual, eles coa súa xogada e nos espectaculares en defensa, todo o equipo, dende arriba ata atrás, mais vivos ca eles e non deixandolle ter o balón nin in segundo nos pes. O traballo de Pichi no medio espectacular, roubando e dirixindo os ataques, como diría o de LandRober, “se los papó”. Moi ben tamén Marcos o seu lado, que está de novo moi entonado, tanto en defensa como en ataque. El marcou o que puido ser o segundo pero Montero non quixo, sei que non o veu, pero a cousa foi de escándalo. Marcos ve adiantado o meta deles e dende o medio campo sorprendeo cun gran disparo, e este vai recuando cara a meta, palmea o balón que toca no longueiro por abaixo en primeira instancia, cae o porteiro contra a rede da porteria, (casi se mata coa barandilla do campo), e dende alí saca o balón para fora coa man. Ou ten uns brazos de tres metros ou e inexplicable. Daban gañas de marchar do campo, sacanos algunha tarxeta por potestar e a cousa queda así. Estabamos enrabietados e non queríamos marchar cun só punto, e froito desto, saímos nunha contra, Buela amarra o balón en banda esquerda e colgao na area, e eu que me incorporei a xogada, mato o balón co peito para deixarllo os pes de Kike que engancha un disparo perfectamente cruzado o pau contrario do porteiro. Era o delirio, pero quedaban 20 minutos e moito traballo. A dez minutos para o final piden un penalti cometido por Pichilan, que casi si que foi, pero a lei da compensación xogou o noso favor e o árbitro non sinala nada. Eles tampouco protestaron moito porque creo que sabían que nos mereciamos gañar, jejeje. E así rematou o partido, un 11 como dixo “spesial guan” para todo o equipo, o traballo defensivo foi increíble e creo que mellor non se pode facer nese aspecto, orde, intensidade, ambición, anticipación, axudas parmanentes, etc...A seguir así.

RIFA PREMIADA NO SORTEO DA TELE

3996

No hay comentarios:

Publicar un comentario